fbpx
3D dun petróglifo redescuberto en Poio fai meses / foto

Redescuberto un petróglifo en Poio rexistrado hai 80 anos

Tempo de lectura: 5 min.
Irmandade Illa de Tambo, que me honro en presidir, define nos seus estatútos, entre outros fins a vixianza e protección do Patrimonio nas beiras da Ria de Pontevedra.
A raiz da presentación de unha enmenda aos Presupostos do Concello de Poio por parte da Asociación Umia Vivopara que adicara unha partida especifica para o coidado e posta en valor das distintas estacións de petróglifos no seu termino municipal, e unha vez que non foi tomada en consideración, procedemos a verificar o estado en que estas se atopan por si fose necesario realizar traballos de urxencia, xa que a prolongación das altas temperaturas e a extraordinaria abundancia de material combustible nos montes pode supoñer un gravisimo risco en caso de incendio, coas terribles consecuencias que para as rochas gravadas teñen as altas temperaturas dos lumes forestais.
O Concello de Poio, governado desde fai vinte anos polo BNG (que se define como nacionalista e de esquerdas), non tivo inconvinte ningun en facer politica municipal identica a que fixo o PP no veciños Concellos de Sanxenxo ou Marín, con un urbanismo profundamente depredador do territorio e do Patrimonio. No apartado da arte rupestre, moi abundante no concello, a unica actuación salientable foia creación de un centro de interpretación da Arte Rupestre da Caeira a imaxen e semellanza dos chiringuitos montados polo PP en Marín, Campo Lameiro e Ponte Cladelas, entre outros, facendo unha intervención megalomana e irrespetuosa co entorno, creando unhas estructuras de madeira, innecesarias e de mantemento moi costoso. No local que ocupa o Centro no Casal de Ferreirós, hai unha reproduccón da singular rocha de Pozo Ventura, que anque non se atopa na área da Caeira, figura como un elemento de reclamo.
Pozo Ventura. Oculto no medio da matogueira a beira do camiño de pes.
Dado que a reproducción esta perfectamente coidada, tiven curiosidade por ver en que estado se atopa o orixinal para ver si o Concello fixera algo pola sua preservación e coidado. Sorpresa foi brutal o atoparme coa rocha completamente rodeada por toxos, xestas, eucaliptos e fento, unha combinación infernal para a sua conservación.
Nin un acceso decente nin moito menos un misero panel informativo, nada de nada. Parece que para o Concello o orixinal non ten importancia. Quen queira velo que vaia a ver a copia, así aforranse subir o monte por camiños infames.
Pozo Ventura. Agardando o vindeiro lume
Unha vez constatado o estado no que se atopaba, procedín a dar unha volta polos arredores, para confirmar si, como sosteñen alguns investigadores, esta rocha poido estar en posición vertical e que en epoca indeterminada poidera haber sido derrubada.
O material granítico da zona esta composto principalmente por grandes afloramentos de granito de grao moi groso, que conforma a gran maioria dos afloramentos de toda a zona, pero entre eles afloran tamén algunhas rochas de grao fino, como a que soporta os gravados, polo que en principio descarto a posibilidade de que poidera ser unha rocha exenta.
A uns catrocentos metros en dirección SE, nun cortalumes de unha liña de media tensión recentemente desbrozado, apreciabanse as pegadas das cadenas nun grupiño de catro rochas, algunha delas profundamente danada, e cubertas de restos do desbroce. En unha delas poiden apreciar a existencia de unha coviña, polo que procedín a barrer a sua superficie apreciando que tiña a superficie cuberta por gravados. Dadas as condicións de luz, xa a tardiña, procedin a facer as fotos para poder facer un levantamento fotogrametrico.
A Cachada, estado inicial. Son visibles as erosións producidas polas cadeas da desbrozadora.
Está ubicado na parcela denominada Cachada, no lugar da Xestosa en San Salvador de Poio a unha altitude de 180 m.snm. e uns 500 m. ao O da Pedra Grande de Montecelo.
A Cachada, unha vez retirados os restos do desbroce.
Unha vez rematado o tratamento informatico, cal seria a miña sorpresa o identificalo con un que se coidaba desaparecido, descuberto por Ramón Sobrino Lorenzo Ruza a principios dos anos 50 do seculo pasado, do que coñecia un croquis somero e unha foto que habia tido a oportunidade de ver no Museo de Pontevedra e que, por referencias de diversos investigadores, dábase xa por perdido.

 

Debuxo e foto da autoria do descubridor Ramón Sobrino Lorenzo-Ruza
Está gravado na mais grande de un grupo de catro rochas que parecen formar parte de un mismo afloramento sin poder precisar mais a espera de unha limpeza de todo o contorno. Tratase de unha rocha sensiblemente plana con unha lixeira inclinación hacia o S con unha superficie pouco maior de 1 m2. Presenta presenta unha fisura en sentido NE-SO. na que parece apoiarse o mango da principal alabarda de folla triangular de punta arredondada Na parte inferior da folla presenta uns trazos que delimitan unha figura romboidal con uns trazos informes. A sua dereita outra figura de dous cuadrangulos concentricos con unha cazoleta central moi tenue e unha mais profunda no vertice inferior dereito.
Baixo esta figura outra alabarda de folla triangular mais aguda e con nervadura central con un pequeño mango que remata na fisura antes descrita.

A esquerda, parecen estar representados cinco probables follas de puñal das cales tres parecen presentar nervaduras. Completanse os gravados con un cruciforme e outros dous puñais de diferente tipoloxía por debaixo da fisura que usei de referencia.
Sería porén unha rocha panoplia, coa figuración de duas alabardas e sete armas cortas ademais de outros motivos de dificil interpretación.
Unha vez publicado no xornal Faro de Vigo e a sua difusión nas redes, tiven coñecemento de que o seu descubridor tiña pensado publicalo xunto con outro petroglifos que descubrira na misma zona, entre eles fragmentos localizados en algun muro cercano, Unha primeira visita nos arredores,permitiume atopar en un muro unha pequena rocha con restos de gravados. Agardo que no futuro outros investigadores tomen o relevo e poidan incrementar o numero de gravados.
Pedra que forma parte de un muro cercano.
Por ultimo, facer unha chamada as autoridades responsables da conservación do noso Patrimonio.
Por sorte este petróglifo foi redescuberto grazas a que a agresión sufrida pola acción de unha desbrozadora de cadenas puxome na pista de poder descubrilo, pero de non ser así, posiblemente a volta de poucos anos quedaria definitivamente destruido, porque os cortalumes de liñas eléctricas soen limparse anualmente. Pido por tanto o Concello de Poio que se implique na sua sinalización, limpeza e que se protexa adecuadamente xa que non só son importantes os petróglifos da Caeira, senón tamén as ducias que ten espalladas polo seu término. Que faga honor o seur carácter nacionalista e que vele por o que son unhas das mais xenuinas sinais da nosa identidade.como pobo. Que así sexa e que poidamos velo.

Escrito por

Foi membro da Sección de Prehistoria e Arqueolóxia do Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos do CSIC. Presidente da Irmandade Illa de Tambo, investigador e activista do patrimonio.

Pode que che interese...