fbpx
Ribeira Sacra / foto locuigCC0

Unha tirolina turística podería cruzar o canón do Sil na Ribeira Sacra

Tempo de lectura: < 1 min.

Cruzar o canón do Sil cunha tirolina de preto dun quilómetro de longo. Esa é a idea que están estes días a barallar os concellos de Monforte e de Castro Caldelas co visto e prace das deputacións de Ourense e Lugo. A idea é conectar o miradoiro lucense do Duque co ourensán de Matacás, nas dúas beiras do canón. Sería así a segunda tirolina dun único traxecto máis longa de Europa, despois da de Pena Aventura, en Vila Real, no norte de Portugal, que ten actualmente quilómetro e medio. A nova a recolle a edición de Lemos do xornal La Voz de Galicia.

Pode que che interese...