fbpx
San Xian de Moraime tras detalle das pinturas / Foto HdG

A Xunta actuará nos muros exteriores de San Xiao de Moraime

Tempo de lectura: 2 min.

San Xián de Moraime, en Muxía, estase a revelar como unha das grandes xoias da historia da Costa da Morte. Ademais do mosteiro, que en tempos foi un dos máis importantes do noroeste galego, e do que se conserva unha singular igrexa de estilo románico de tres naves, consérvase tamén un singular xacemento escavado en 1972 polo historiador Manuel Chamoso Lamas, onde se atopou unha vila romana e restos suevos. O templo destaca polas súas singulares pinturas interiores que conforman un dos máis ricos programas pictóricos do renacemento galego.

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia con axuda de fondos Feder está a desenvolver nos últimos anos varios traballos para a recuperación do templo, ó atoparse en pleno Camiño de Santiago. Se ben nos anos 2014 e 2015 xa se fixeran obras para evitar a entrada de auga por capilaridade, tempo despois rehabilitouse a casa reitoral, hoxe adicada a albergue, e se fixo a restauración das pinturas murais do século XV, para as que se investiron preto de 50.000 euros, e que foron rematadas a pasada primavera. Por último este pasado mes de outubro a empresa AXA Arqueoloxía, tal e como xa contamos en HdG, desenvolveu varios sondaxes no xacemento co obxectivo de comprobar o estado e determinar unha futura campaña de restauración e posta en valor.

San Xian de Moraime tras detalle das pinturas / Foto HdG

A estas obras haberá que engadir os traballos que se desenvolverán no vindeiro ano 2019. Nese ano, segundo afirmou o pasado mércores o Conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez licitarase o proxecto de execución das obras de conservación das fachadas do templo, que contarán cun investimento de 456.762 euros financiados pola Xunta de Galicia. Os traballos terán como obxectivo a recuperación dos muros a eliminación de patóxenos e a renovación de morteiros, unhas obras de gran valor para manter a imaxe externa do templo e evitar posibles filtracións de humidade ó interior.

San Xian de Moraime tras as sondaxes / Foto HdG

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica. Especialista en arquitectura e territorio. Xestor de Contidos en Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...