fbpx
Lavadoiro de Artes en Ribeira antes da rehabilitación /foto youtube.com Canal Barbanza

O arquitecto do miradoiro da Pedra da Ra inaugura o novo lavadoiro de Artes

Tempo de lectura: < 1 min.

O lavadoiro de Artes, o máis longo do concello de Ribeira, con 28 metros, xa loce o seu novo aspecto. Pois nos pasados días rematábase a intervención para a súa rehabilitación e da súa contorna baixo o deseño do compostelán Carlos Seoane. O arquitecto, que deseñou obras como o miradoiro da Pedra da Ra ou a rúa Martín Herrera de Carballo, recuperou o conxunto incluída a bancada orixinal e máis o enlousado de pedra, completando o conxunto con perpiaño de granito silvestre do Barbanza e lastrado vello.

Na obra retirouse tamén a estrutura de formigón e fibrocemento que o cubría o lavadoiro, que estaba xa en moi mal estado, optándose por deixar o lavadoiro descuberto. Para a obra foi necesaria tamén a limpeza do rego e do abastecemento de auga. A actuación fíxose sobre un espazo de máis de 1.400 metros cadrados, dos que 250 corresponden ó propio lavadoiro, e contou cun orzamento de 41.338 euros.

Nova faciana do mirador da Pedra da Ra, en Ribeira / tripadvisor.es

Pode que che interese...