fbpx
Torres da catedral de Santiago no lusco e fusco / turismodecompostela.com

Pode ser a de Santiago a mellor catedral de España?

Tempo de lectura: < 1 min.

Santiago e Sevilla loitarán o luns por obter o título da “mellor catedral de España‘. Será no marco dunha competición organizada pola Cámara da arte nun singular concurso que só durará 24 horas a través dos perfís en redes sociais desta entidade.

Así, e tras un mes de competición entre distintas catedrais, o luns será a gran final entre Santiago e Sevilla. A basílica galega chega á cita tras vencer aos templos de Jaca, Bilbao, Segovia, Ávila e Toledo. A de Sevilla, pola súa banda, impúxose ás súas homónimas de Alcalá de Henares, Burgos, Córdoba e León.

Para a última rolda, que se pode seguir en redes sociais a través do hastag #LaCatedralDeEspaña, lanzarase unha enquisa de 24 horas de duración nos seus perfís de Twitter e Instagram.

Unha vez terminadas as enquisas, realizarase o pertinente reconto de votos, para “coroar a mellor catedral de España”.

A Cámara da arte é un proxecto posto en marcha en abril de 2016 por parte de 7 graduados en Historia da arte da Universidade de Sevilla, co obxectivo de axudar a alumnos e curiosos a atopar comentarios e información de calidade, así como fomentar o coñecemento do patrimonio.

Pode que che interese...