Retablo do Santo Cristo de Fisterra / Concello de Fisterra

Polémica por utilizar “antes da nosa era” e non “antes de Cristo” na exposición “Galaicos, un pobo entre dous mundos”

“a.C.” e “d.C.” fronte a “a.n.e” e “d.n.e.”. “Antes de Cristo” e “despois de Cristo” ou “antes da nosa era” e “despois da nosa era”?. Nos últimos tempos arqueólogos e investigadores están utilizando a segunda terminoloxía en estudos e exposicións ao considerar que é a “científicamente máis correcta” para evitar que contornas culturais de confesións alleas ao cristianismo poidan sentirse incómodas. E esa terminoloxía, a de “a.n.e”, foi a escollida polos comisarios da exposición “Galaicos, un pobo entre dous mundos”. Un xesto que non gustou nada en determinados medios, especialmente, no ABC.

Este xornal adicoulle unha dura crítica a esta mostra que hai uns días inaugurou o ministro de Cultura, José Guirao, e a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, no Museo Arqueolóxico Nacional de Madrid. Unha mostra que respasa os achados e asentamentos dos galaicos e a súa evolución cultural no noroeste peninsular.

Utilización da terminoloxía “a.d.e.” para referirse a “antes da nosa era” no canto de “a.C.” (antes de Cristo) na exposición Galaicos, un pobo entre dous mundos / ABC

A exposición, que está en tres idiomas –galego, español e inglés–, está tendo unha moi boa acollida nos primeiros días, pero ao ABC non lle gustou que utilice a terminoloxía “a.n.e”, a pesar de que foi xa asumida polas universidades estadounidenses desde hai algúns anos.

“¿Es el sentido común lo que falta en esta era nuestra? Saque sus conclusiones el lector. Por lo pronto, y según expertos consultados por ABC, las menciones al antes y después de Cristo, que llevan vigentes un par de milenios, no responden ya a ningún motivo confesional, a nada relacionado con la religión, sino que son el resultado decantado por científicos, que hoy son vistos como imperdonables activistas del eurocentrismo, de una convención, un acuerdo aceptado hasta ahora…
¿Resulta ofensivo? ¿Para quién? No sabemos si en países de religiones oficiales budistas, musulmanas o animistas, pero desde luego no en un museo público español. A los expertos les hace gracia”, recolle este medio na noticia.

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Deixa unha resposta

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: