fbpx
Galerías da Mariña na Coruña durante a exposición ó Carón do Mar / foto Íñigo M. Riobó

Un dos grandes arquitectos do momento di que en Galicia naceu un dos sistemas construtivos máis importante da arquitectura moderna

Tempo de lectura: 2 min.

Un dos sistemas construtivos máis importantes da historia podería ter a súa orixe aquí, en Galicia. Así o entende o Premio Pritzker de Arquitectura Rem Koolhaas. E é que para arquitecto holandés, un dos máis importantes arquitectos vivos, e para a Escola de Postgrao de Deseño de Harvard, colaboradores deste, un dos sistemas da arquitectura tradicional de Galicia estaría na orixe do sistema de dobre fachada, un dos sistemas empregados polo Movemento Moderno como medio de regulación térmico de moitos edificios. Pois Koolhaas sitúa, en varias páxinas do seu último libro Elements of architecture (Taschen, 2018), a orixe deste sistema na arquitectura vernácula galega.

Galerías da Coruña / foto LuckbelblizartCC0

É a tradicional galería galega, un elemento construtivo propio toda a franxa marítima norte de Galicia, e elemento distintivo de localidades como A Coruña, Ferrol ou Viveiro. E é que a galería galega constitúe en realidade unha segunda pel do edificio ó situarse dun xeito adiantado ós grosos muros de pedra, creando unha cámara térmica capaz de regular a temperatura tanto no inverno coma no verán. O sistema, co avance do tempo, acabaría por dar lugar á un sistema propio da arquitectura do Movemento Moderno, empregado sobre todo en países fríos, así como por arquitectos como o propio Le Corbussier.

Tal e como se chega a explicar no libro, o sistema nacería pola necesidade de vidro dos barcos que durante a Idade Moderna se estaban a construír nos estaleiros galegos, especialmente en Ferrol, empregándose despois, como elemento construtivo para as fachadas. Mais tarde, pola influencia marítima, pasaría ó resto de Europa como o sistema de dobre cristal, permitindo aumentar o tamaño das fiestras, sendo despois inspiración ós arquitectos do Movemento Moderno como un novo sistema para a construción de fachadas. A nova recóllea con moito máis detalle La Voz de Galicia.

Galerías da Mariña na Coruña durante a exposición ó Carón do Mar / foto Íñigo M. Riobó

 

 

 

Pode que che interese...