Mámoa en terreos da empresa Finsa en Begonte que decidiu protexer / Patrimonio dos Ancares

A madeireira Finsa decide protexer unha mámoa tras realizar obras na súa fábrica de Begonte

A empresa madeireira Finsa decidiu protexer unha mámoa que se atopaba nos terreos da súa fábrica de Begonte, logo de que esta fora descuberta en maio deste ano. “Acostumados ás desfeitas patrimoniais, queremos manifestar a nosa satisfacción ao comprobar que a mámoa de máis de 30 metros de diámetro do Monte Pioto, na parroquia de Uriz (Begonte), non vai ser afectada polas obras que se están a levar a cabo no lugar”, destacou o Colectivo Patrimonio dos Ancares.

O túmulo funerario atópase en terreos da empresa FINSA, que este colectivo descubriu o pasado mes de maio de 2018. A empresa xa delimitou a zona de protección da mámoa, deixando unha distancia suficiente entre a zona de obras e o túmulo funerario “polo que non vai sufrir ningún tipo de alteración”, din desde o colectivo.

Pode que che interese...

Deixa unha resposta

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: