Pés dun palafito / foto alsenCC0

Así foi 2018: descobren o hórreo máis antigo de Galicia, anterior á chegada dos romanos

Tempo de lectura: < 1 min.

No castro de Acea, entre os concellos de Baños de Molgas e Xunqueira de Ambía, nun xacemento arqueolóxico que se estivo escavando a pasada primavera apareceron restos do que podería considerarse o “hórreo” máis antigo de Galicia. Trátase dos restos dun celeiro aéreo, un antergo remoto dos actuais hórreos, que se empregaban en rexións húmidas de Europa como Galicia para gardar o gran dos cereais empregados por aquelas primeiras sociedades agrícolas.

Se ben non é un hórreo tal e como o coñecemos hoxe en día si é, ante todo, un dos primeiros celeiros palafíticos documentados en Galicia -xunto cunha estrutura similar atopada no castro de Arxeriz, no Saviñao-. Segundo o declarado polos arqueólogos, o celeiro sería anterior á romanización e podería datarse entre os séculos IV ou III a.C, converténdose así no máis antigo de Galicia. A escavación estivo financiada polos dous concellos e dirixida polo arqueólogo arqueólogo David Pérez. Así o contamos no mes de maio en HdG.

 

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: