Texto dunha panxoliña nunha postal típica do Nadal

Desde cando cantamos panxoliñas as xentes de Galicia?

Tempo de lectura: 1 min.

O nome panxoliña procede das dúas primeiras palabras do himno Pange lingua gloriosi corporis mysterium escrito por Tomé de Aquino no século XIII, aínda que a primeira panxoliña da que se ten constancia é do século XV e fai referencias a como se organizaban os veciños para lle iren cantar ao neno Xesús e ao portal dos Reis.

A panxoliña, orixinalmente, non ten que ver cos vilancicos, aínda que os dous foron e seguen sendo pezas tradicionais do Nadal galego. Segundo Carlos Villanueva Abelairas, profesor da Universidade de Santiago de Compostela, os vilancicos on pezas en lingua vulgar que se cantan nas igrexas, con textos populares ou poemas de autor, e que se usan na liturxia das festas principais en xeral. As panxoliñas, pola contra, son cancións populares cantadas polo pobo, en grupo ou individualmente ante o Belén ou na festa do Nadal.

Os vilancicos comezaron a popularizarse no século XVIII, logo de seren introducidos na catedral de Mondoñedo. No Nadal de 1794 neste espazo relixioso estreouse un vilancico de personaxes no que un pastor cantaba ao belén. Aínda que foi a final do século XVIII cando se popularizaron os vilancicos en Galicia, no resto do Estado español a tendencia na liturxia era precisamente a contraria, a desaparecer porque se levaba dous séculos de esplendor.

Pode que che interese...

Deixa unha resposta

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: