fbpx
Restos dos muros do castro de Bexo/ XS

O concello de Dodro mantén paralizadas as actuacións nun castro por querer deseucaliptalizalo

Tempo de lectura: 2 min.

A Asociación Cultural da Unidade Veciñal de Dodro promove dende o ano 2017 a recuperación do Castro de Bexo con varias actuación xa desenroladas ó longo deste tempo: Barferencias, charlas informativas, visitas guiadas, corta de eucaliptos na croa coñecida como “Eira dos Mouros”, retirada de madeira manual por parte dos membros Asociación de Veciños e Asociación Cultural, limpeza de rebrotes de eucalipto en colaboración con Verdegaia, todo isto baixo a supervisión do arqueólogo Carlos Otero Villarino e ca autorización da Dirección Xeral de Patrimonio.

O que pretendemos facer é un proxecto de Arqueoloxía en Comunidade, colectivo, aberto á veciñanza e duradeiro no tempo que faga do Castro de Bexo un emblema para todo o concello de Dodro e que, grazas a súa privilexiada situación, poda constituírse como un perfecto referente para estudar a evolución da paisaxe histórica de toda a comarca e un recurso turístico sostible con base patrimonial.

Situación e defensas do castro de Bexo, en Dodro / manuelgago.org

Con todo isto, o goberno do Concello de Dodro abriu expediente de reposición da legalidade á Comunidade de Montes de S. Xoán de Láiño despois da corta dos eucaliptos tal e como xa contou Historia de Galicia. Agora un atranco mais ó ter que solicitar “licencia urbanística” aparte das obrigatorias da Dirección Xeral de Patrimonio e do Distrito Forestal (que xa están autorizadas) contando ca total falta de interese por parte do concello na súa concesión.

En xuño de 2018 presentamos alegacións á ordenanza xeral municipal que regula a tramitación das licenzas urbanísticas e outras formas de intervención administrativa do Concello de Dodro, pois non contemplaba ningún tipo de actuación en entornas arqueolóxicas, e que foi estimada ca inclusión na normativa de ditas actuacións, pensamos que pioneira en Galicia.

Unido a isto último sumamos que o consistorio de Dodro non ten técnico en urbanismo dende o mes de outubro polo que non pode emitir informe favorable á petición de licencia da Comunidade de Montes, propietaria dos terreos do castro. E así estamos.

Sen darlle ánimo ó desalento proximamente subiremos ó castro para, en colaboración con Verdegaia, volver a facer unha acción deseucaliptizadora consistente en eliminar rebrotes de eucalipto ate a súa total erradicación.

E mentres, esperamos pola “licencia urbanística” para recuperar o noso castro.

Pode que che interese...