Entrada da Cova do Rei Cintolo / foto Xelo2004 GNUCL Wikimedia

Pílula histórica: Coñece a historia dunha das covas máis fascintantes de Galicia

É a cova máis grande de Galicia, que se coñeza. Está situada na parroquia de Argomoso, no concello de Mondoñedo, nun dos poucos chans de pedra caliza de Galicia. É a típica cova de dilusión calcárea, formada por tres pisos de galerías, con máis de once quilómetros de corredores e cunha vía inferior de auga sifonada e un desnivel e unha diferencia de nivel de 75 metros. Ten importantes formacións de estalactitas e estalagmitas, cunha excepcional riqueza dende o punto de vista xeolóxico, con ricos espeleotemas en todas as salas, mais tamén zoolóxico xa que a cova está habitada por diversas especies de morcegos.

A cova foi descuberta polo arqueólogo José Villaamil y Castro, que publicou no ano 1873 un primeiro plano, dos primeiros 300 metros, na revista Antigüedades prehistóricas y célticas de Galicia, e hai novas de exploracións en 1893 e 1894. Fixéronse tamén exploracións nas décadas de 1950, 1960 e 1970 e campañas en 1946, dirixida por José Trapero Pardo, 1989, María José Soto Barreiro y P. Pumarejo Gómez, e 2003 por R. Villar Quintero. Dando todas elas resultados de ocupación humana e animal en diferentes períodos.

Por isto ten un especial interese dende o punto de vista histórico, xa que se acharon restos dende o Paleolítico Superior. Na cova apareceu unha frecha tallada de sílex, restos de cerámica e ósos de animais, datados da Idade do Ferro, así como diversos restos humanos e pegadas de ocupación nas cámaras superiores. Tamén apareceu un puñal medieval, e o que semellan restos de ocupación do século XI. Por último tamén apareceron gravados en diversas cámaras que dividiron os investigadores, xa que ben poderían ser testemuñas das persoas que o habitaron, ben simplemente marcas das gaduñas dos osos.

Detalle da Cova do Rei Cintolo / foto turismo.gal

 

 

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica e creador de entornos virtuais. Investigador independente, especialista en arquitectura e territorio. Colaborador habitual de Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...

Deixa unha resposta

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: