Alxibe atopado no Castro de Viladonga que sería anterior á chegada dos romanos / Lugo Xornal

Que demostra o gran alxibe prerromano atopado no Castro de Viladonga?

“Obras deste tipo nada tiñan que envexar ao mundo romano”. Así de contundente se amosa Elena Varela, a directora do museo do Castro de Viladonga, logo da aparición dun gran alxibe dentro do Castro de Viladonga que apunta a unha complexidade construtiva e defensiva anterior á chegada aos romanos a Galicia.

Esta estrutura, descuberta como as escadas da muralla mentres se facían distintas prospeccións no castro, ten máis antigüidade que a muralla. É anterior. De feito, a muralla, a muralla constrúese sobre o alxibe o que indica que había unha poboación anterior á chegada de Roma, mais semellaba que non era moi ampla.

“A aparición do alxibe implica que había máis vida da que se cría, pola súa capacidade. Xa nos anos oitenta se iniciara a escavación nesa parte, aparecendo material anterior á chegada de Roma”, apunta Varela nunha entrevista no Lugo Xornal ao sinalar como cronoloxía o século II antes de Cristo.

Castro de Viladonga, en Outeiro de Rei / xunta.gal

Estrutura singular

O que é singular é que normalmente estas estruturas aparecen fóra da croa do castro. “Non estaba previsto, como aparecen outras estruturas e como aparecerá a necrópole, que non aparece. Canda o alxibe apareceu tamén unha estrutura de vivenda e parte dun empedrado, que posiblemente sexa unha calzada”, engade Varela.

Estruturas como estan confirman que o Castro de Viladonga ou a cultura castrexa nada ten que envexar á romana. “Nunca se considerou que a cultura castrexa fose inferior á cultura de Roma, estas construcións amosan que non eran tan primitivos; obras deste tipo nada tiñan que envexar ao mundo romano”, conclúe a directora do museo. Toda a entrevista en LX.

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Pode que che interese...

Deixa unha resposta

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: