fbpx
Museo da Catedral de Santiago, colección permanente / foto catedraldesantiago.es

A Deputación de Pontevedra priorizará cuestións de xénero e novas formas de expresión artística para elexir a dirección do Museo Provincial

Tempo de lectura: < 1 min.

A Deputación de Pontevedra acaba de abrir unha  “ambiciosa” convocatoria para cubrir a dirección do Museo Provincial para o que pretenden a persoas “coa máxima experiencia contrastada, con solvencia, xente que xa dirixise museos ou escolas de artes”.

O prazo de presentación de propostas iniciarase este xoves 31 de xaneiro e finalizará en 30 días hábiles. A selección levará a cabo en atención aos principios de “mérito e capacidade”, e a criterios de “idoneidade, competencia e experiencia”.

O deputado de Cultura e Língua, o nacionalista Xosé Leal, explicou que se valorará sobre todo, “a memoria que cada persoa presente e na que recolla o modelo que quere para o Museo en base a cuestións como o compoñente de xénero ou o proceso de musealización dos edificios pechados“. Outro punto fundamental serán as novas tecnoloxías e as novas formas de expresión artística.

Para optar a esta praza será preciso contar coa condición de funcionario ou laboral fixo do grupo A1 e posuír o título de licenciatura ou grao en Historia da arte, Belas Artes ou calquera outra disciplina análoga relacionada coas humanidades. O tribunal de valoración estará conformado pola o secretario da Deputación, ao xefe de Servizo de Cultura e Língua, e á xefa do Servizo de Recursos Humanos e Formación.

O vicepresidente tamén anunciou que “de cara ao próximo mandato” realizarán “un esforzo importante de dotación de medios para que a persoa de dirección poida desenvolver o seu proxecto”. Ademais da praza de dirección, para “avanzar na profesionalización do Museo“, anunciou que o próximo día 1 de febreiro incorporarase á xefatura administrativa Sonia Mateos, á que cualificaron como “unha persoa da casa, de solvencia totalmente contrastada”.

Pode que che interese...