Interior dunha das plantas de conservas de peixe que os cataláns abriron en Cangas / vigoe

A dura vida das traballadoras da conserva

Tempo de lectura: 1 min.

O Departamento de Educación e Acción Cultural do Museo do Pobo organiza un novo Café da Memoria centrado nesta ocasión no traballo nas conserveiras. Será este xoves, ás 18h30 e contará coa colaboración do Museo Massó de Bueu,, MaOs Innovación Social e Illa Bufarda.

Será un encontro con algunhas das mulleres protagonistas que falarán da súa experiencias nas fábricas. Esta conversa volve sobre o diálogo para preservar dalgún xeito os saberes que gardan estas mulleres como parte do noso patrimonio cultural inmaterial. Tomando un café os asistentes poderán escoitar o relato das protagonistas e conversar con elas sobre este oficio que foi e é sobre todo feminino.

Dez anos do Café da Memoria

Esta actividade promovida polo DEAC do Museo do Pobo Galego comezou en 2008 co fin de achegarse á historia recente de Galicia. As conversas son a mostra final dun traballo de investigación a través da memoria oral que o DEAC realiza durante aproximadamente un ano e que busca rescatar voces que, en moitas ocasións, non tiñan sido contempladas. Os cafés da memoria achegan ás protagonistas a un espazo museístico onde ven recoñecidas as súas historias de vida e unha memoria que segue, en boa parte, operativa.

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: