fbpx
Detalle do cruceiro. orazón atravesado por sete dagas / foto HdG

Esnaquizan en Coristanco un dos cruceiros máis singulares de Bergantiños

Tempo de lectura: < 1 min.

Un novo cruceiro fica esnaquizado no chan por mor do tráfico. Trátase do singular cruceiro do cemiterio parroquial de San Paio, en Coristanco, unha peza que podería datar do século XVII e dun especial valor artístico. O cruceiro foi atopado no chan, esnaquizado e cun dos brazos da súa cruz desaparecido dende os pasados días despois de que os veciños o atoparan estragado no chan o pasado día 13.

Segundo os veciños do lugar o cruceiro apareceu rodeado de anacos de cristal e plástico o que fai pensar ós que puidera ser obxecto dun golpe por parte dun vehículo. Segundo os veciños tanto o alcalde de Coristanco, Abraham Gerpe Muñiz, coma a Garda Civil personáronse no lugar, comezando, esta última, as pesquisas para esclarecer o sucedido. Porén, mentes tanto os anacos do cruceiro non foron levantados do lugar polo que aínda corren o risco de seren roubados.

O cruceiro do cemiterio de San Paio era un dos máis singulares da zona, e posiblemente dos máis curiosos da comarca. A singularidade estriba en que, a diferencia do que é habitual non ten esculpido o Cristo e a Virxe. No canto ten nunha cara unha coroa de espiños cunha cartela cun INRI, e no reverso un corazón atravesado por sete espadas. Tamén ten o que poderían semellar putis e elementos zigzagueantes en relevo.

Crese que o sucedido está en relación coa súa ubicación ó atoparse nun lugar que serve de aparcadoiro do propio cemiterio parroquial. O cruceiro, que xa fora reparado, derribárase xa tempo atrás por outro golpe con outro vehículo de motor e levantado de novo. Porén non se lle instalaron medidas de protección. Tristemente este caso estase a repetir con demasiada freceuncia en non poucos cruceiros galegos. 

 

 

 

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica. Especialista en arquitectura e territorio. Xestor de Contidos en Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...