fbpx
manuscritos / foto jarmolukCC0

Queres coñecer o ADN dos apelidos galegos?

Tempo de lectura: < 1 min.

Láncara, Sanfíns, Miñor, Santradán, Manselle… e así ata 21.000. Este é o número de apelidos galegos que poderían desaparecer nesta xeración xa que contan cun único portador. Así se recolle o libro Antroponimia e lexicografía, dirixido pola filóloga Ana Isabel Boullón e editado polo Instituto da Lingua Galega (ILG) e o Consello da Cultura Galega (CCG).

No estudo recóllese que pola contra o apelido galego con máis usuarios é Rodríguez, con máis de 237.000 usuarios e que todos os apelidos e nomes de Galicia son posteriores á romanización e ningún é posterior a 1870, Este gran estudo antroponímico reflicte tamén que un 17 por cento dos apelidos casteláns que existen hoxe en día en Galicia, non derivan da inmigración castelá chegada a Galicia, senón da castelanización que se produciu no século XVI. A nova recóllea Galicia Confidencial.

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica. Especialista en arquitectura e territorio. Xestor de Contidos en Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...