As trece cruces e cruceiros en Rianxo / Celso Suárez

Queres coñecer o Mapa do Patrimonio de Rianxo?

Tempo de lectura: 2 min.

Despois de presentar os mapas do patrimonio de Valga, Pontecesures, Dodro, Padrón e Catoira, a Asociación Cultural Os Penoucos lanza o Mapa do Patrimonio de Rianxo, centrado principalmente nas parroquias de Santa María de Isorna, Santa María de Leiro, Santa María de Asados e Santa Baia do Araño. O proxecto colaborativo Patrimonio e Paisaxe(s) do Baixo Ulla pretende valorizar e divulgar o patrimonio cultural e natural dos concellos que forman parte dun territorio claramente recoñecible, e que se dá en chamar O Baixo Ulla. Con este proxecto preténdese conseguir a visualización do patrimonio cultural e natural do Baixo Ulla a través de medios dixitais, así como involucrar á poboación na concienciación para preservar este patrimonio.

Petroglifo dos Mouchos, en Rianxo, no que aparecen cervos e cabalos / Rita Fontán

Segundo informan os impulsores do proxecto nun comunicado, o mapa do Patrimonio de Rianxo intégrase dentro dunha aplicación webmapping onde se recolle a totalidade do patrimonio cultural e natural do concello. O usuario pode navegar e desprazarse polo mapa, facer zoom, activar ou desactivar capas, así como escoller os mapas base. Ao pulsar sobre un punto, despregarase a ficha explicativa onde se describe o elemento cunha imaxe de previsualización, ademais de enlaces con acceso a información descargable e imaxes extra.

Os mapas base dispoñibles son catro, que van desde a última fotografía aérea do PNOA, ata o voo americano do 1956-57. Deste xeito pódese visualizar a evolución do territorio nos últimos 60 anos.

Máis de 800 elementos

O Mapa do Patrimonio de Rianxo componse de 10 capas, que inclúen 807 elementos, repartidos do seguinte xeito: arqueoloxía (119 elementos), elementos relixiosos (86 elementos), arquitectura civil (42 elementos), obra civil (29 elementos), arquitectura industrial, hórreos (365 elementos), arquitectura da auga, espazos naturais e panorámicas (18 elementos).

Típica paisaxe mariñeira na Enseada de Rial, en Leiro, na Ria de Arousa / Os Penoucos

“Nestes momentos, despois de engadir o Mapa do Patrimonio de Rianxo, e incluír novos elementos nos mapas de Catoira, Dodro, Padrón, Pontecesures e Valga, hai catalogados 3.202 elementos, ao que se irán sumando moitos máis, ata completar a totalidade do territorio que conforma O Baixo Ulla”, apuntan.

No proxecto Patrimonio e Paisaxe(s) do Baixo Ulla destaca a súa compoñente colaborativa. Así, calquera persoa ou entidade que o desexe, pode mandar comentarios, suxestións, textos ou fotos dos elementos xa cargados no mapa, así como solicitar a inclusión de novos puntos, ademais das correccións dos elementos actualmente catalogados. As canles dispoñibles para a participación son:

Para este traballo non se conta con ningún tipo de subvención oficial.

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Pode que che interese...

Deixa unha resposta

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: