Homenaxe a tres republicanos, socialistas e católicos, asasinados polo fascistas en Mondoñedo por ser afíns á República / PSdeG

Siervo González, Graciano Paz e Manuel Rodríguez, católicos e socialistas asasinados só polas súas ideas republicanas

Siervo González, Graciano Paz e Manuel Rodríguez son tres exemplos da represión fascista en Mondoñedo. Os tres recibiron este sábado unha sentida 80 anos despois do seu vil asasinato.

Os tres foron asasinados polo seu compromiso social e pola súa entrega cun Mondoñedo republicano e democrático, só polas súas ideas. Siervo González Rivas (Mondoñedo 1886-1938), foi funcionario municipal, directivo da Sociedade de obreiros católicos, Presidente da sección local da Confederación Nacional do Traballo, militante do Partido Sindicalista e da Unión Socialista Galega e cabeza de lista desta forza política nas eleccións ao congreso de 1933.

Graciano Paz Amieiro “O Latoeiro” (Mondoñedo 1893-1938), foi tesoureiro da Sociedade de obreiros católicos desde 1926 ata 1932, directivo do Sindicato de oficios varios da CNT e militante da Unión Socialista Galega. Manuel Rodríguez Núñez (Mondoñedo 1893-1938), comerciante residente na rúa Febreiro, ocupou responsabilidades directivas na Sociedade de obreiros católicos, de cuxo orfeón fixo parte, militou ao tempo na CNT, no Partido Sindicalista e na Unión Socialista Galega.

A homenaxe foi impulsada por unha iniciativa veciñal, apoiada polos grupos da corporación municipal, ademais de colectivos sociais e culturais de Mondoñedo e da Mariña. Entre eles estaba o secretario provincial do PSOE en Lúgo, Álvaro Ramos, que lembrou que só nesta provincia as vítimas do franquismo superan as 3.000 persoas.

Deixa unha resposta

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: