Cáliz do século XIX roubado en Tebra, Tomiño, hai 35 anos e recuperado agora / Garda Civil

Un cura de Tomiño atopa nunha páxina de subastas de Madrid un cáliz roubado hai 35 anos

A Garda Civil localizou en Madrid un cáliz subtraído na igrexa de Tebra, en Tomiño, no ano 1984. A denuncia do párroco desta parroquia de Tomiño facilitou unha operación na que participaron os equipos de Policía Xudicial da Garda Civil de Tui, Pontevedra e Madrid.

Segundo informou este venres o Instituto Armado, foi o sacerdote o que facilitou a operación xa que recoñeceu en marzo do ano pasado que o cáliz roubado correspondíase cun que se estaba anunciado nunha páxina web para coleccionistas.

Grazas a esta información, e en colaboración cos equipos de Policía Xudicial, o Instituto Armado recuperou esta obra de arte catalogada no obispado da Diocese de Tui-Vigo. Trátase dun cáliz de prata coa inscrición gravada do nome da súa parroquia, Tebra, obra do prateiro Pedro Antonio Carabelo.

A Garda Civil identificou ao actual propietario, que declarou comprar a peza por uns mil euros a unha terceira persoa con domicilio en Murcia.

A investigación realizada pola Garda Civil puido confirmar que os dous últimos propietarios do cáliz adquirírano a anticuarios, achegando a correspondente factura. O equipo de Policía Xudicial de Tui entregou este venres o cáliz ao cura párroco de San Salvador de Tebra, en calidade de depositario, facéndolle saber que a peza se atopa a disposición do xulgado de Instrución número 3 de Tui.

Pode que che interese...

Deixa unha resposta

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: