Pezas do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense / xunta.gal

13 millóns de euros para cambiarlle a faciana ao Museo Arqueolóxico de Ourense tras 17 anos de espera

O PSOE anunciou este luns a licitación das obras de rehabilitación do Museo Arqueolóxico de Ourense –de titularidade estatal e xestionado pola Xunta de Galicia desde decembro de 1989– por importe de 12.246.860,33 euros e un prazo de execución de 30 meses, tal e como publica o xornal Galicia Confidencial.

Despois de 17 anos, a sede orixinal do museo poderá ser reformada. O Plan Museolóxico redactouse en 2009 e actualizouse en 2012, xunto co programa de necesidades arquitectónicas e o avance do programa expositivo. Con todo, non foi ata sete anos despois cando o Goberno aprobou a licitación, previa concesión de licenza de obra por parte do Concello de Ourense –efectuada en setembro de 2018–.

A sede do museo –antigo Palacio Episcopal, declarado monumento histórico artístico en 1931–, xa se pehou ao público a comezos do ano 2002 para acometer obras de reforma en profundidade, polo que os seus servizos foron trasladados ao edificio Santa María de Europa, no barrio da Carballeira, onde se almacenan a maioría das coleccións. Máis información no Galicia Confidencial.

Pode que che interese...

Deixa unha resposta

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: