Cando os indios chegaron a Camelle
Hai 122 anos, a poboación de Camelle daba o sinal de alerta. Un buque acababa de naufragar nos baixos do Conesudo por un forte temporal.
Tratábase do City of Agra, un buque de bandeira británica con 75 persoas a bordo, dos que faleceron 32. “A maior parte deses superviventes foron salvados por tres embarcacións de Camelle: a Mercedes, Pedro e Manuel“, conta Fernando Patricio Cortizo, organizador do 122 aniversario do naufraxio do City of Agra.
A maior parte da tripulación do City eran hindús, o que os británicos chamaban lashkars, que eran todos os asiáticos que estaban polo leste do cabo de Boa Esperanza, e a oficialidade era británica. Dos 32 que que se salvaron, 19 eran hindús e 13 eran británicos. Era a primeira vez que en Camelle se vía unha poboación tan numerosa da India. Toda a historia nesta reportaxe de Susana Recouso na TVG.