Entrada á aldea do Cebreiro / foto HdG

A inconsciencia dos domingueiros no Cebreiro: Trineos polos teitos das pallozas no primeiro domingo de neve

A dúas horas da Coruña e unha de Lugo, a aldea do Cebreiro, onde se atopa un dos conxuntos de pallozas máis famosos de Galicia, está a verse seriamente en ameazado polas visitas masivas de curiosos. E é que a aldea, en pleno Camiño de Santiago, enchido de peregrinos no verán e convertido de feito nun núcleo turístico, chega a colapsar de visitantes as fins de semana nas que a neve se deixa ver pola montaña galega.

Así ocorreu nos pasados días, cando a acción de varios anticiclóns trouxo intensas nevaradas. Foi daquela cando cando a aldea do Cebreiro se viu desborbada pola afluencia de visitantes, que, chamados pola neve, se achegaron ó conxunto. A visita lonxe de ser un pulo para o sector hostaleiro local converteuse nun caos no que os visitantes sobrepasaron en amplamente a capacidade do poboado.

A LU-633 con vehículos aparcados ó pé da aldea do Cebreiro / foto HdG

E é que, a pesares de que este feito se estea a repetir ano tras ano, o poboado non está preparado aínda para tales congregacións. Os coches que se achegan ó conxunto non atopan aparcadoiro e vense obrigados a parar en plena LU-633. Isto fai que non so se se entorpeza o tráfico senón que acabe colapsando e convertindo nun caos e un perigo viario. De feito, segundo outros medios, nesta ocasión a Garda Civil viuse obrigada a denunciar a preto de 200 vehículos, que ocuparon preto de 1,8 quilómetros de estrada.

En trineo dende o teito das pallozas

Mais non é o único problema, nin o máis importante. Xa que unha vez os visitantes están na propia aldea a euforia pola neve parece facer desaparecer o respecto polo patrimonio. Isto fai que fronte a toda lóxica os teitos das pallozas sexan empregados como pista de deslizamento, baixando dende eles adultos e cativos en tablóns, cartóns ou trineos. Isto, obviamente pon as pallozas en verdadeiro perigo de danos e mesmo derrube ó non estar feitas para soportar o peso das persoas.

Turistas curiosos e visitantes na aldea do Cebreiro / foto HdG

Tal foi así que se tiveron que colocar sinais de prohibición para que a xente non subira a eles. Así o fixeron en algunhas cabanas, entre elas a da Xunta de Galicia, restaurada xunto a outras tres o pasado ano por 180.000 euros. Mais, segundo algunhas fontes a sinalización quedaría cuberta pola nevarada sendo ignorada polos visitantes. De feito, son moitas as voces que reclaman sancións directas por parte do Seprona para quen o faga, xa que o poboado do Cebreiro é Ben de Interese Cultural e se atopa en plena Rede Natura.

Vista dende o Cebreiro / foto HdG

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Pode que che interese...

Deixa unha resposta

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: