Eulogio e Urbano, nos inicios da fotografía / Foto de Estudio de Manuel Chicharro.

Coñece os inicios da fotografía en Galicia

Tempo de lectura: < 1 min.

O Consorcio de Santiago e Alvarellos Editora acaban de publicar ‘As orixes da fotografía en Galicia. Estudios composteláns do XIX’, unha obra do fotohistoriador Carlos Castelao que recolle as orixes da fotografía en Galicia, a través dos fotógrafos que tiñan estudio propio na cidade de Santiago no século XIX

“É o máis completo traballo coñecido ata o de agora sobre a fotografía dunha cidade galega nun período concreto”, apunta a editora. Esta obra pioneira achega descubrimentos sorprendentes do nacemento da arte fotográfica en Galicia. Carlos Castelao, de orixe asturiana e afincado en Compostela dende 1988, ofrece un traballo rigoroso, moi documentado e enormemente didáctico; ilustrado con máis de 350 imaxes, moitas delas inéditas.

Este mércores preséntase na Fundación Torrente Ballester, ás 19:30 h. No acto estarán, ademais do autor, o alcalde de Santiago e presidente do Consorcio da cidade, Martiño Noriega; a xerente do Consorcio, Belén Hernández; o responsable de Publicacións do organismo, Juan Conde; xunto ao director da editorial Alvarellos, Henrique Alvarellos.

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: