fbpx
Cabeza castrexa atopada no Monte do Castro en Agudelo (Barro) / Museo de Pontevedra

Críticas dos sindicatos: “Somos o Museo de Pontevedra, non o museo do xamón

Tempo de lectura: < 1 min.

Os delegados sindicais de Comisións Obreiras alertaron de que o Museo de Pontevedra “corre o grave perigo de ser sometido a inxerencias políticas” da Deputación provincial por impor o “dedazo” na convocatoria da praza de dirección deste organismo cultural.

O sindicato cuestiona as bases deste proceso de contratación para cubrir unha vacante nun posto de alta dirección, aínda que admite ser consciente de que “é legal”, pero non lle “parece ético”. Ademais, Comisións Obreiras critica que nin o vicepresidente César Mosquera nin o deputado Xosé Leal, do BNG, contemplen a posibilidade de que un membro do actual persoal poida suceder ao exdirector Carlos Valle, ou que non se estudou a posibilidade de cubrir o posto de dirección de maneira temporal cun técnico superior do propio Museo, ata que chegue a nova persoa responsable da dirección.

Pola súa banda, César Mosquera, xustificou que as bases para optar ao posto de dirección do Museo recollen “o que di a lexislación para cubrir postos directivos”. “Eu quizá non o faría así”, recoñeceu, pero “hai que aterse á lei”, suliñou. Podes ler toda a noticia no GC.

Pode que che interese...