fbpx
Esposende en Portugal / foto araujomanuelCC0

O Camiño Portugués da Costa, a gran ruta de sendeirismo do norte de Portugal desde o século XV

Tempo de lectura: 4 min.

O Camiño Portugués da Costa é un dos tramos do Camiño de Santiago. En concreto unha variante do Camiño Portugués que transita pola costa lusa. Pero o Camiño Portugués da Costa é moito máis que iso. O Camiño é un gran roteiro de sendeirismo por todo o norte de Portugal que percorre algúns dos lugares máis excepcionais do norte do país veciño.

Mais o Camiño Portugués da Costa é tamén un gran descubrimento. Un roteiro que nos últimos anos pasou dun par de milleiros de peregrinos anuais a máis de 14.000, crecendo un 89% no último ano. Un crecemento como ningunha outra ruta de sendeirismo no mundo. E é que o Camiño Portugués da Costa é unha das rutas que está a crecer polo seu propio valor, tanto polos paisaxes do país veciño como polo excepcional coidado dos portugueses polo seu excepcional patrimonio cultural.

Porto / foto ddoukCC0

Empregado dende o século XV

O Caminho Português da Costa une de feito a excepcional cidade de Porto coas localidades galegas da Garda, Goián e Tui, a través de Caminha, Vila Nova de Cerveira e Valença do Minho. Este camiño segue a costa portuguesa de sur a norte e pasa a través de dez concellos todos eles dunha gran calidade natural ou monumental. Son o propio Porto, Matosinhos, Maia, Vila do Conde, Póvoa de Varzim, Esposende, Viana do Castelo, Caminha, Vila Nova de Cerveira e Valença.

Segundo algúns historiadores o Caminho da Costa era un dos eixos máis importantes para acadar o santuario do apóstolo en Santiago de Compostela. A diferencia de outros este camiño xurdirá con importancia soamente na Idade Moderna, a partir do século XV, sendo utilizado polas poboacións costeiras e polos peregrinos que vidos doutros lugares do mundo que desembarcaban nos importantes portos marítimos do país.

Caminha / foto cm.caminha.pt

E é que o culto a Santiago de Compostela estivo presente, segundo se afirma, na historia dos dez municípios que cruzan o Caminho da Costa. Isto fixo, que, igual que nos restantes camiños a Compostela, os desenrolos urbanísticos destes municipios, así como as súas paisaxes, se viran modificados polo paso desta ruta.

Un espectáculo de sete días

Sete xornadas por dez concello, e seis máis ata chegar a Compostela. Ese o tempo que se precisa para desenvolver o Caminho Portugués da Costa. Cunha media de 21 quilómetros diarios, e facendo noite en Vila do Conde, Esposende, Viana do Castelo, Praia de Áncora, Vilanova da Cerveira e Valença, o Caminho Portugués da Costa ten ante todo a particularidade de levar como compañeiro de viaxe ó océano.

Caminho Portugués da Costa / foto caminho.pt

Na maioría dos seus tramos preto de mar aberto, aínda que moitos outros polo interior, o camiño ten un singular contraste entre as montañas que delimitan o camiño e o océano, entre espazos naturais con singulares areais e importantes núcleo urbanos. O camiño pasa tanto por cidades monumentais como por pequenas vilas mariñeiras. Tamén por praias de mar aberto e singulares espazos atlánticos con piñeirais como o de Caminha.

Un proxecto de futuro

Mais o Caminho Portugués da Costa está a experimentar este espectacular crecemento polo especial apoio que está a ter por parte das administracións lusas, sabendo do seu especial potencia. Foi a través do traballo de promoción conxunto dos dez municipios co proxecto “Valorização dos Caminhos de Santiago – Caminho Português da Costa” que concorreu ó programa do goberno luso Norte 2020. 

Viana do Castelo / foto nuno_lopesCC0

 

Tamén, tal e como contamos nos últimos días no noso xornal, o Conselho de Ministros de Portugal acaba de aprobar o decreto-lei que regula a valorización e promoción do Camiño de Santiago incluído o Caminho Portugués da Costa. Tamén a través da certificación dos seus itinerarios e da creación dun órgano de coordinación nacional na ruta. Prevese, tamén crear unha Comissão Executiva do Caminho de Santiago (CECS), así como un Conselho Científico do Caminho de Santiago.

Porto / foto amurcaCC0

 

 

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica. Especialista en arquitectura e territorio. Xestor de Contidos en Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...