Así quedou un tramo do Camiño Primitivo ao seu paso pola Fonsagrada tras unhas obras da propia Xunta / Foro do Camiño

O Camiño Portugués, máis coidado en Portugal ou en Galicia?

O Camiño Portugués e o Camiño Portugués da Costa son os dous itinerarios que percorren Portugal dende a cidade de Porto ata as localidades de A Guarda ou Tui. Un total de sete xornadas que pasan por localidades tan importantes e monumentais coma a propia cidade do Porto, Braga, Ponte de Lima, Viana do Conde, Viana do Castelo ou Caminha. Despois de percorrer este itinerario, o camiño continúa a través da costa Galega durante 6 xornadas máis ata a cidade de Santiago de Compostela.

O Camiño Portugués e o Camiño Portugués da Costa son, ademais, dous dos itinerarios que están a experimentar unha maior revitalización fora das fronteiras galegas. De feito, en 2018 foron percorridos por un 14,5% e un 89% máis de peregrinos, respectivamente que o ano anterior, sumando o primeiro case 68.000 peregrinos, e o costeiro preto de 14.000 peregrinos. En conxunto, ambos itinerarios supoñen o 25% do total das Compostelas entregadas.

Un proxecto de futuro en Portugal

É, precisamente, pola importancia crecente destes dous itinerarios, polo que o o Conselho de Ministros de Portugal acaba de aprobar o decreto-lei que regula a valorización e promoción do Camiño de Santiago. Tamén a través da certificación dos seus itinerarios e da creación dun órgano de coordinación nacional na ruta. Así o Goberno de Portugal, do socialista Rebelo de Sousa, está a apostar polo camiño como fonte de promoción cultural e turística no norte do país.

Porto / foto olafpicturesCC0

O decreto busca, en esencia, definir os criterios comúns aplicables ó recoñecemento oficial do Camiño de Santiago, a súa salvagarda, valorización e promoción. Con este fin, prevese, ademais, crear a Comissão Executiva do Caminho de Santiago (CECS), un órgano de coordinación no ámbito nacional portugués, así como un Conselho Científico do Caminho de Santiago un órgano para o seu estudo.

Unha inversión de 5 millóns de euros en Galicia

Porén no ó norte do Miño, o Camiño Portugués de Santiago estase a converter nunha das rutas clave do turismo galego, xa que foi, nos últimos anos, a ruta maior incremento. Isto non é alleo á propia Xunta, centrada nos últimos anos en facer do Camiño de Santiago o barco insignia do mandato de Núñez Feijóo. É por isto que do lado galego tamén se están a desenvolver importantes avances.

Catedral de Tui / foto xunta.gal

Un deles é a inversión de 5 millóns de euros para a ruta galega, nas súas dúas variantes, por A Guarda e por Tui. Este orzamento, destinado a ambas rutas, estará orientado á súa sinalización, a rehabilitación dos Ben de Interese Cultural, reforma e impulso de albergues, seguridade e atención ós peregrinos, ademais de numerosas iniciativas de promoción, difusión e divulgación.

Ademais, estase a traballar na coordinación dos traballos entre os dous países. A Consellería de Cultura e Turismo de Galicia e o goberno de Portugal veñen colaborando dende o ano 2015. Neste momento atópanse traballando no proxecto Fazer Caminho que aspira ó financiamento do Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal.

Camiño de Santiago / foto larahcvCC0

 

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica e creador de entornos virtuais. Investigador independente, especialista en arquitectura e territorio. Colaborador habitual de Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...

Deixa unha resposta

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: