fbpx
Miliarios romanos en Ponte Nova, Lobios / foto Ramón Piñeiro Wikimedia CCBy

Queres coñecer os segredos da epigrafía romana?

Tempo de lectura: < 1 min.

Ourense recuperará ata 200 inscricións romanas coa última tecnoloxía. Será a través do proxecto “Epigraphica 3.0”, un proxecto liderado pola Universidade de Santiago de Compostela e financiado pola Consellería de Educación, na que se empregarán métodos como xeoreferenciación, fotogrametría e modelado 3D para traelas ó tempo presente.

E é que, tal e como afirma o investigador principal do proxecto, David Espinosa, “é a provincia galega con maior número de inscricións latinas”, e será o primeiro do proxecto en dixitalizarse. Epigraphica 3.0 aspira a converterse nun referente para a investigación epigráfica e histórica na Península Ibérica e en Europa pola súa innovación. O proxecto conta cun orzamento de 25.000 euros. A nova recollíaa o pasado luns La Región.

Pode que che interese...