fbpx
Camiño / foto xtberlinCC0

Son seguros os camiños de Santiago?

Tempo de lectura: 3 min.

No ano 2015 unha peregrina estadounidense foi asasinada no Camiño de Santiago á altura de León, e no 2017 en Viana unha peregrina de 20 anos foi asaltada, con feliz desenlace grazas á Garda Civil. Tamén é habitual algunha vez ó ano ver algunha nova sobre roubos ou intimidacións no Camiño. Mais habitualmente son sucesos illados propios de rutas que acollen no seu conxunto máis de 300.000 viaxeiros ó ano. O Camiño é, segundo sinalan todos os organismos competentes, e do mesmo xeito que a maioría de rutas europeas, especialmente seguro.

Porén a Delegación do Goberno en Galicia e a Xunta, están a deseñar conxuntamente neste momento un plan operativo de seguridade para os camiños de Santiago. E é que o delegado do goberno en Galicia, Javier Losada, e o Conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, deron o pasado 18 de febreiro o primeiro paso nesta dirección, na Comisión de Seguridade dos Camiños de Santiago, celebrada na Delegación do Goberno en Galicia. O obxectivo a celebración do Xacobeo 21 coas maiores garantías.

Camiño de Santiago / foto larahcvCC0

Un camiño masificado

E é que o principal reto a desenvolver polas administracións con competencias en seguridade, é responder ó reto da xestión dos grandes fluxos de persoas que enchen, sobre todo o Camiño Francés. Pois é que sen dúbida o próximo Ano Santo suporá un redimensionamento no volume de visitantes a Galicia, de tal xeito que será moi complexo controlar os fluxos no camiño e na cidade de Compostela.

É pos isto que os dous organismos queren estar preparados para enfrontar posibles problemas. Así na comisión plantexáronse temas como a coordinación dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado e Protección Civil, a necesidade de definir puntos de acollida para grupos de elevados de persoas, así resolución de estratexias de emerxencia que se poidan experimentar. Tamén se falou da posibilidade de actualizar os estudos en seguridade elaborados no convenio de 2015 e de atender tamén os posibles puntos conflitivos nas rutas.

 

Camiño de Santiago / Gavilla CC0

As responsabilidades da Xunta

Pola parte da Xunta é esencial o traballo coas infraestruturas. Non so do propio camiño, que como vimos en xa demasiadas ocasións no noso xornal está a sufrir importantes estragos pola intervención directa do goberno galego, senón tamén polo seu papel na xestión de estradas de competencia galega e local, e os problemas derivados da súa seguridade vial. Para isto, segundo datos da Xunta estanse a investir entre 2015 e 2020 uns 10 millóns de euros, adicados a melloras e sinalización, e outros 15 en obras de mantemento.

Mais tamén dende a Xunta se ten que pensar na seguridade in situ, sendo as súas principais funcións a coordinación do corpos de protección civil, e a inversión en campañas de concienciación entre os peregrinos. Así, a Xunta seguirá coa distribución de cobremochilas nos albergues e repartindo a Guía de emerxencias para peregrinos polos Camiños de Santiago editada o pasado ano, e que agarda sirvan para concienciar dos perigos máis habituais para os peregrinos.

peregrinos / jackmac34CC0

Pode que che interese...