fbpx
Plano do Castelo de Santa Cruz, na Guarda / 1000-lugares-en-galicia.blogspot.com

Última tecnoloxía para coñecer os grandes lugares históricos do último porto no Atlántico do Reino de Galicia

Tempo de lectura: 2 min.

A praza San Marcos ou do Hospital, a muralla medieval nas rúas Baixo Muro e Ireira, a igrexa de Santa María, a Torre do Reló, a igrexa do convento de San Bieito, as capelas da Guía e Santa Trega, e así ata 15 grandes monumentos do concello. Estes foron os protagonistas nos últimos días dunha intervención de divulgación promovida polo Concello financiada pola Deputación de Pontevedra, que contaron cunha nova sinalización e co acceso virtual a través das últimas tecnoloxías.

Trátase da instalación de 15 paneis informativos, un por monumento, conformados con fotografías e informacións de interese sobre estes así como sobre seus fitos históricos. Son paneis  de 30 x 20cm que amosan fotografías, planos e textos sobre cada un deles. Mais os paneis amosan ademais un código QR no que se pode acceder a unha páxina web coa que se pode ampliar información, consultala en varios, así como acceder a fotografías panorámicas en 360º.

A Guarda dende o monte de Santa Trega / foto rosenmascaraCC0

A actuación, que contou cun orzamento de 13,612,50€, foi desenvolvida polo Concello grazas a unha subvención con cargo ó Plan Concellos da Deputación de Pontevedra. No traballo de recompilación de informacións e fotografías contouse coa participación do bolseiro de arquivo, da Concellería de Patrimonio, así coma de particulares que cederon material que é agora visible e do que pode gozar toda a cidadanía guardesa e visitantes.

Os paneis atópanse na Igrexa de Santa María, a Torre do Reló, a Igrexa Convento de San Bieito, o Manómetro Barométrico, a Capela de San Caetano, a Capela da Guía, a Capela de Santa Trega, a Igrexa da Nosa Señora da Visitación de Camposancos, o Cruceiro Pinto, a Capela de San Roque, a Igrexa de San Lourenzo de Salcidos, a Capela da Nosa Señora das Mercedes da Gándara, a Muralla Medieval da rúa Baixo Muro, a Muralla Medieval da rúa Ireira e a Praza San Marcos (Hospital).

Cruz de tipo celta no monte de Santa Tegra, na Guarda / galiciacelta.com

 

Pode que che interese...