fbpx
Federico García Lorca, xunto con Alberti, Menéndez-Pidal e outros intelectuais da época / Xornal El Sol

VÍDEO.- As imaxes de García Lorca paseando por Vigo e Santiago

Tempo de lectura: < 1 min.

Un filme proxectado este venres en Vigo amosa as primeiras imaxes en movemento do poeta Federico García Lorca durante a xira que a súa compañía, La Barraca, realizou por Galicia no verán de 1932.

Son, en total, dez minutos de película gravados no seu día por Gonzalo Menéndez-Pidal, membro da Barraca e fillo do ilustre polígrafo Ramón Menéndez Pidal. O achado de Carlos Castelao produciuse a partir dunha das fotos incluídas na edición facsimilar de ‘Seis poemas galegos‘ de Lorca. A editora Alvarellos encargoulle ao fotohistoriador o estudo a fondo da filmación, de modo que puido comprobar que estas fotogramas, que xa se podían visualizar na rede pero non foran identificados, correspóndense coa estancia do poeta granadino e da súa compañía en Vigo e en Santiago.

Pode que che interese...