fbpx
Claustro da portería do mosteiro de Montederramo, coñecido como claustro dos medallóns / wikipedia

Actuacións en espazos relacionados coa Igrexa levarán os 1,24 millóns de euros do 1,5% cultural

Tempo de lectura: 2 min.

A comisión mixta do 1,5% cultural, presidida polo secretario de Estado de Infraestruturas, Transporte e Vivenda, Pedro Saura, e composta por representantes do Ministerio de Fomento e do Ministerio de Cultura e Deporte, elevou unha proposta para o financiamento de catro novas actuacións como consecuencia da convocatoria publicada en xuño de 2018.

De acordo coa proposta, elevada ao ministro de Fomento, o seu departamento achegará algo máis de 930.000 euros a proxectos de recuperación e posta en valor do patrimonio histórico en Galicia con cargo aos fondos que se xeran para o 1,5% cultural como consecuencia da contratación da obra pública.

O investimento total prevista en Galicia polas entidades e administracións participantes, incluíndo as achegas do Estado, é de 1,24 millóns de euros. Os proxectos aprobados son, na provincia da Coruña, en Ferrol, unha actuación sobre o sistema de evacuación de augas e cubertas pétreas do castelo de San Felipe. Fomento achega o 75% do orzamento total da actuación, que ascende a algo máis de 455.000 euros.

Catedral de Lugo / turismo.gal

Mondoñedo e Montederramo

En Lugo, en Mondoñedo, será o acondicionamento da praza da Catedral para mellora do uso público. O ministerio achega o 75% do orzamento, que se sitúa nuns 250.000 euros.

En Ourense, en Montederramo, acondicionaranse espazos para incorporar á visita cultural do mosteiro. Neste caso será o 75% de 200.000 euros. E na capital provincial, está prevista a restauración das reixas e púlpitos da capela maior da Catedral de San Martiño, cun 75% de case 330.000 euros.

“A resolución provisional que proximamente firme o ministro permitirá continuar co procedemento ata a adopción da resolución definitiva, condicionada esta a a aprobación dos proxectos e ás achegas financeiras comprometidas”, sinala.

Pode que che interese...