fbpx
Olería / foto StockSnapCC0

As mulleres, maestras artesás da olería

Tempo de lectura: 2 min.

A alfarería ou olería é unha tradición ancestral que se remonta ó neolítico e que, como actividade de artesanía, en Galicia e en España, ten aínda un moito arraigo. Moitas concellos galegas como Oleiros, Malpica, Outeiro de Rei, Sober, Mondoñedo ou Xunqueira de Espadañedo, seguen sendo localidades nas que a olería é aínda un sinal de identidade. Mais na olería, como en tantos outros ámbitos da nosa cultura tradicional, as mulleres tiveron un papel esencial, porén moitas veces ignorado.

E por iso que o Concello de Oleiros está a prepara a exposición As mulleres na colección de olería do Museo Os Oleiros, comisariada por José Mª Kaydeda, poderá visitarse dende o 1 de marzo ata o vindeiro día 15 no Centro cultural A Fábrica de Santa Cristina. Segundo os organizadores, con esta mostra pretende visibilizarse a importante labor que as mulleres fixeron e continúan a facer no mundo da olería. Nela pódese coñecer a historia de 12 mulleres que, dun xeito ou doutro, están vencelladas á colección do museo.

Na súa colección atopamos obras de distintos centros de produción de toda a península, con pezas confeccionadas ou decoradas por mulleres, e outras que, aínda fabricadas por homes, ían dedicadas especificamente ó ámbito feminino. Nel se rende homenaxe a mulleres como a empresaria Eulemia Iglesias Roura, as investigadoras Natacha Seseña e Itse Shültz, a coleccionista Teresa Jorge Antolín e as artesás Dorotea de Armas, Juliana Suárez Vega, Escolástica Martín, Benita Nava, Isabel Nieto, Dolores Coronado ou Pepa Lombao.

Muller oleira / foto puntodipvigoCC0

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica. Especialista en arquitectura e territorio. Xestor de Contidos en Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...