Mulleres retratadas por ruth matilda anderson

Cando a historia da muller foi escrita por homes

Olalla López-Costas é bióloga e antropóloga física. Actualmente, traballa no grupo de investigación Ciencia do Sistema Terra da USC e, xunto con María Loureiro García, coordina o ciclo de charlas ‘As mulleres dos mortos’ na Facultade de Bioloxía da USC.

As conferencias, todas elas impartidas por voces femininas referentes no seu eido, pretenden dar a coñecer a importancia das investigacións en esqueletos humanos: dende as momias exipcias ata a exhumación de corpos das fosas comúns da Guerra Civil. A xornalista Silvia López, de Galicia Confidencial, falou con ela sobre a visión das mulleres na historia e a situación da arqueoloxía e das mulleres arqueólogas.

Nas crónicas ou nos escritos que se deixaron no pasado, moitas partes relacionadas coa vida íntima das mulleres non quedaron reflectidas. E, se se escribiron, fixérono homes que dan conta de algo moi diferente á realidade que logo vemos nos esqueletos”, indica.

Houbo unha unha época mala na que o arqueólogo respondía a ese arquetipo de Indiana Jones, pero o certo é que hai un estudo nos Estados Unidos que mostra que, nos anos de bonanza, o número de mulleres na arqueoloxía era bastante alto. Aínda así, este é o sector das Humanidades que máis mulleres perdeu durante a crise. A precariedade que afecta máis ás mulleres fixo que houbese unha selección positiva cara aos homes”, asegura na entrevista que podes ler en Galicia Confidencial.

Pode que che interese...

Deixa unha resposta

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: