fbpx
Conxunto megalítico coñecido como o Altar do Sol, en Lalín / Patrimonio Galego

Finsa enche de eucaliptos a necrópole megalítica coñecida como Altar do Sol

Tempo de lectura: < 1 min.

Financeira Madeireira SA (Finsa) decidiu cortar e logo repoboar de eucaliptos unha importánte necrópole megalítica na parroquia de Lalín que, ademais, é coñecida como o Altar do Sol. A actuación desta madeireira afectou á Mámoa da Cruz 2.

A actuación, que levou a cabo sen autorización da Consellería de Cultura, constitúe unha infracción administrativa. E, por eses feitos, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia incoou un procedemento sancionador.

O conxunto do Altar do Sol ou “Mámoa da Cruz ” forman parte do Conxunto Megalítico de Alperiz. Este recinto pechado está presidida por unha gran pedra con dous rebaixes en forma de círculo, os veciños coñéceno co nome de Altar do Sol.

Suspensión de obras

Tamén e, como informa Faro de Vigo, o Concello de Lalín decretou días atrás a suspensión dunhas obras particulares por afectar a outro túmulo, o de Costa Cruceiro, na parroquia de Goiás. O elemento patrimonial viuse afectado por unha roturación no monte para sementar herba, a construción dun valado con postes de formigón e a escavación dunha gabia para a base de formigón dun recinto de forma cuadrangular, sobre o que se comezaron a levantar varias columnas.

Pode que che interese...