fbpx
Mulleres na feira de Palas de Rei en 1961. Os zocos seguían sendo o calzado de boa parte das xentes da aldea nesa época / Galicia Agraria

Lembrades o que supuñan as zocas en Galicia?

Tempo de lectura: < 1 min.

O Concello da Pastoriza, en colaboración coa Deputación de Lugo, acaba de inaugurar o Museo das zocas de Muimenta, un espazo expositivo duns 80 metros cadrados, que recolle unha recompilación de pezas relacionadas co oficio de zoqueiro como son zocas antigas de hai 50 anos e zocas de nova elaboración, as ferramentas de traballo e os materiais utilizados na súa confección.

Na exposición, pódese contemplar ao redor de 40 pares de zocas de diferentes cores e ornamentos. Ademais das típicas zocas para homes e mulleres empregadas nas tarefas agrícolas destacan as zocas “chinelas” decoradas cun deseño máis elegante para ser usadas polas mulleres nos días festivos e as zocas con caña alta de coiro que servían para protexerse mellor da auga.

Grazas a intensa labor da veciñanza, o Museo das Zocas de Muimenta pode exhibir ferramentas do traballo dos zoqueiros hoxe en día case desaparecidas como a ‘aixola’ para dar forma a zoca, a ‘trade’ para facer o buraco ou o ‘gubias’ entre outras moitas. Máis información no Lugo Xornal.

Pode que che interese...