fbpx
Libros antigos nun arquivo / foto CC0

O arquivo da Catedral de Ourense, un “tesouro” para coñecer a historia da cidade e de Galicia

Tempo de lectura: < 1 min.

“Dentro do arquivo catedralicio de Ourense hai un tesouro porque hai unha cantidade de documentación inmensa, que recolle historia da cidade e de gran parte do territorio ourensán. Trátase dun dos patrimonios documentais máis ricos e abundantes de Galicia e de España, poucas cidades teñen algo semellante”.

Quen así fala é Ascensión Enjo, doutora en Xeografía e Historia pola Universidade de Vigo, e facultativa de grao medio de arquivos da Xunta de Galicia, con destino no Arquivo Histórico Provincial de Ourense que acaba de presentar ‘Colección Documental do Arquivo da Catedral de Ourense (século XIV)’, que é a obra 46 da colección ‘Anejos de Cuadernos de Estudios Gallegos’.

Durante a presentación, o secretario desta coleción, Pablo Otero lembrou a a traxectoria ‘Anejos de Cuadenos de Estudios Gallegos’, que cumprirá 75 anos en 2021 e que publicou 46 volumes. Ante a perspectiva de que se publique o número 50.

Pode que che interese...