Vistas do mosteiro de Oia desde o seu xardín / X.S.

O Mosteiro de Oia, de fortaleza contra os piratas a campo de concentración

Tempo de lectura: 2 min.

O Concello de Oia vén de editar o libro ‘Con otra mirada. El horror de la Guerra Civil Española en el Monasterio de Oia. 1936-1939’, que é froito dunha investigación sobre o período no que o cenobio oiense funcionou como campo de concentración onde permaneceron recluídos varios milleiros de presos republicanos. Antes de campo de concentración foi un dos maiores centros relixiosos da orde do Císter en Galicia, e mesmo serviu de fortaleza contra os ataques dos piratas musulmáns e dos corsarios ingleses tal e como xa contamos en Historia de Galicia.

O libro, coordinado por Fernando Javier Costas Goberna, contou tamén coas achegas de Lucía Álvarez Caeiro na gravación e transcrición de entrevistas e de Lorena González Vicente na elaboración de fotografías e análise do material fotográfico.

Calendario que un preso repubicano deixou nunha das paredes do mosteiro de Oia / X.S.

“Esta realidade histórica permanece descoñecida para a meirande parte do público galego, incluso a contorna máis próxima, tamén en Vigo moitos quedan sorprendidos ao descubrila. As ditaduras tratan de ocultar aquilo que non lles interesa. Botan terra arriba e agardan que todo vaia quedando no esquecemento”, lamenta Goberna.

Durante a súa investigación, analizaron como no campo había catro grupos de prisioneiros: “Dos calificados como A e B, moitos formaran parte da ‘quinta do biberón’, loitaran na guerra con 16 ou 17 anos e se lograban un aval podían conseguir a liberación. Os prisioneiros C e D eran xa directamente considerados inmigos do país, e se lles responsabilizaba polos ‘pecados da República’. Podían ser executados, como temos constancia das execucións que houbo no campo de prisioneiros de Camposancos, na Guarda”, lamenta. Podes ler toda a entrevista no Xornal de Vigo.

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Pode que che interese...

Deixa unha resposta

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: