Escea dun cómic sobre gladiadores en Roma

Queres saber como era unha verdadeira loita de gladiadores?

O gladiador (home de espada en Latín) acaparou boa parte da vida lúdica da República e do Imperio Romano entre o século I e IV, principalmente. A maioría eran escravos desprezados, aínda que algúns deles eran homes libres que buscaban éxito, diñeiro ou fama.

Independentemente da súa orixe, os gladiadores marcaron toda unha época e o seu valor como guerreiros foi conmemorado en numerosos obxectos de todo o mundo romano. Os primeiros tipos de gladiadores recibiron o seu nome dos inimigos de Roma da época: o samnita (polos samnitas), o thraex (polos tracios) e o gallus (polos galos).

O samnita, poderosamente equipado e probablemente o tipo máis popular, foi posteriormente renombrado como secutor e o gallus como murmillo, unha vez que estes antigos inimigos foran conquistados e logo asimilados polo Imperio de Roma.

Na última época da República e nos primeiros tempos do Imperio, introducíronse varios tipos de novidades técnicas e de combates para facer os espectáculos “máis vistosos”. Por exemplo, o áxil e con cabeza descuberta retiarius, protexido só no brazo e ombreiro esquerdos, enfrontaba a súa rede, o seu tridente e o seu coitelo contra o secutor, máis poderosamente armado e con casco. Algunhas variantes que se introduciron foron os gladiadores que loitaban con carros (essedarius ou dacabalo (eques).

Recreación

Precisamente, Lugo converterase esta fin de semana na capital mundial da recreación histórica da loita de gladiadores coa celebración do Entreno Nacional de Gladiatura, unha cita impulsada pola asociación Caetra Lucensivm co apoio do Concello, dentro da programación Lvcvs Cultural previa ao Arde Lvcvs, que ten como obxectivo intercambiar experiencias e técnicas de combate para mellorar a recreación histórica desta práctica. Será a primeira vez que este encontro teña lugar en Lugo despois de celebrarse nas súas dúas primeira edicións en Madrid e Tarragona.

O III Adestramento Nacional de Gladiatura arrancará de feito o venres cunha charla de Barriales, ás 20.00h, no patio central do Vello Cárcere, sobre a evolución do retiario. O sábado, ás 10:00 horas, no Vello Cárcere, terá lugar unha charla sobre as tipoloxías de gladiadores e as súas técnicas de combate segundo as fontes clásicas, a cargo de Alfonso Mañas, doutor en historia do deporte.

Posteriormente, ás 11:30 horas, celebrarase unha sesión práctica aberta ao público na Casa da Xuventude, que se reanudará ás 16:30 horas. Participarán integrantes de sete asociacións de recreación histórica de toda España: Ludus Vulcanum, Tarraco Ludus, Gesta Gladiatoria, Lacinia Gladiatoria, Lucus Antiquus, VI Victrix e Caetra Lucensivm. Ás 19:00 horas, Fernando Barriales ofrecerá outra charla sobre a historia de Borea. A xornada do sábado péchase cunha cena de confrater

Pode que che interese...

Deixa unha resposta

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: