fbpx
Botafumeiro na catedral compostelá / fot acastro19850CC0

Ten realmente a tumba do apóstolo Santiago 2.000 anos?

Tempo de lectura: 2 min.

A tres metros baixo o chan do altar maior da catedral de Santiago de Compostela, nun sepulcro de prata con relevos de estilo romano, gárdase un dos maiores misterios da cidade de Compostela. Unha longa tradición que fala da lenda da evanxelización nos confíns do mundo por un dos apóstolos de Xesucristo. Alejandro Barral, un canónigo da catedral de Compostela atreveuse precisamente a estudar  a longa e singular historia do antigo mausoleo.

O estudo, trata precisamente da historia desta reliquia, ó longo da súa historia, dende o descubrimento, e antes aínda, ata o seu papel na actualidade. O estudo é obra de Alejandro Barral, un dos cóengos da catedral compostelá, finado vai uns anos. Agora, este estudo se recolle no libro El sepulcro de Santiago. Documentos-Toponimia-Arqueología, presentado o pasado mércores na cidade.

O traballo comeza cun repaso pola toponimia do lugar e despois estuda toda a historia do mausoleo, o achado, a construción das basílicas que se sucederon, a súa evolución, e o tránsito pola historia. Toca pasaxes como o seu agochamento para evitar ó espolio, ou o segundo achado no último cuarto do século XIX, chegando ata a nova auxe das peregrinacións. O estudo é o máis extenso desenvolvido sobre o mausoleo e a súa evolución ó longo da historia ata o de agora.

Sepulcro do Apóstolo / foto Turismo de Santiago

A presentación do libro foi o pasado mércores no Centro Internacional de Acollida ó Peregrino, na rúa Carretas. O acto estivo presidido polo arcebispo, monseñor Barrio, e contou coa presenza de diversas personalidades da basílica, así como do director técnico do Museo catedralicio, Ramón Yzquierdo Peiró, encargado da presentación do traballo.

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica. Especialista en arquitectura e territorio. Xestor de Contidos en Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...