Unha casa abandonada no monte / foto Free-PhotoCC0

Un ficheiro de casas abandonadas, unha solución para darlle vida ó rural?

Un ficheiro cos inmobles deshabitados e as parcelas non aproveitadas. Nel se poderían apuntar os propietarios que queiran poñelos a disposición de outras persoas que pensen en achegarse ó rural ou que simplemente os precisen baixo cesión, venta ou aluguer. Este podería ser unha das vías de futuro de miles de casas tradicionais deshabitadas, dentro dun proxecto promovido por Coceder para as comarcas de Verín e a Limia da provincia de Ourense.

E é que con este proxecto nomeado Banco de Casas e Terras, a Confederación de Centros de Desenvolvemento Rural (Coceder) en colaboración cos Centros de O Viso e Portas Abertas, quere tratar de paliar a falta de habitantes e atraer xente con novas ideas ó mundo rural. O proxecto enmarcase nun programa estatal de sensibilización e concienciación sobre a depoboación e o avellentamento no rural, nunha das provincias máis castigadas por estes males.

O proxecto, está a desenrolarse tamén para outros lugares, como en Hospital de Órbigo no Bierzo, e agárdase que tamén se poida instaurar en outros lugares de España. Tamén pode rastrexarse a súa inspiración no Banco de Terras do bipartito, que na súa orixe estaba ideado para casas e outros elementos arquitectónicos do medio rural. Se ben o proxecto inclúe todo tipo de inmobles non é de descartar que este poda ser un camiño para recuperar a nosa arquitectura tradicional.

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica e creador de entornos virtuais. Investigador independente, especialista en arquitectura e territorio. Colaborador habitual de Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Deixa unha resposta

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: