Petróglifos de Gargamala, en Mondariz / Blog de Ciencias Sociais do IES Sánchez Cantón

Unha alegría tras a devastación dos lumes do 2017

Tempo de lectura: 1 min.

A Consellería de Cultura e Turismo está a actuar nos petróglifos de Gargamala, en Mondariz, que se viron afectados por un incendio forestal de outubro de 2017. Trátase dun espazo cun alto valor patrimonial caracterizado pola presenza de numerosos petróglifos de estilo atlántico e mesmo doutros de adscrición histórica.

Tras os incendios de hai un ano, diferentes soportes gravados víronse afectados e amosan hoxe unha superficie completamente ennegrecida por depósitos de cinza e briófitas e liques queimados. Unha estación que meses antes dos lumes era así:

 

Atendendo á necesidade de emprender accións paliativas para minimizar os danos, Cultura está a realizar diferentes tarefas consistentes nunha prospección arqueolóxica da zona coa finalidade de localizar e avaliar os bens arqueolóxicos xa coñecidos, así como identificar aqueloutros que poidan existir nas súas proximidades.

Ademais, estase a realizar unha diagnose e valoración de danos dos soportes gravados e medidas correctivas de restauración-conservación para mitigar os danos máis graves. Por último, documentarase e rexistrarase de xeito detallado os petróglifos existentes, incluíndo os novos que poidan localizarse.

Pode que che interese...

Deixa unha resposta

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: