fbpx
Debuxo da catedral de Santiago de Compostela no século XVII realizada por Vega y Verdugo / xcopedia.com

A Catedral de Santiago redescubre as súas escaleiras renacentistas

Tempo de lectura: < 1 min.

O Ministerio de Fomento licitou as obras de restauración da Escalinata e a Cripta da Catedral de Santiago de Compostela. Con esta nova intervención levará a cabo a restauración da gran escalinata de acceso pola fachada do Obradoiro, escalinata renacentista construída a comezos do século XVII e do enreixado, que completa e pecha a escalinata pola súa fronte e os paramentos laterais, realizada en 1791.

Así mesmo, intervirase na cripta románica, “recuperando unha das dúas escaleiras, a que se atopa cegada, que comunican coa nave central da igrexa”, así como outras actuacións puntuais no arranque da fachada no seu encontro coa terraza de acceso e na parte inferior da torre sur.

A obra está licitada por un importe de case 1,6 millóns de euros, segundo recolle xa a Plataforma de Contratación do Sector Público e publicará o Boletín Oficial do Estado (BOE).