fbpx
Ribeira Sacra / foto locuigCC0

A Ribeira Sacra será, finalmente, a candidata española para competir na Unesco

Tempo de lectura: < 1 min.

O Consello de Patrimonio Histórico aprobou por unanimidade a candidatura da Ribeira Sacra que consideran “magnífica” como candidata española ante a Unesco para ser avaliada como Patrimonio Mundial no ano 2021, segundo explicou o director xeral de Belas Artes do Ministerio de Cultura e Deporte, Román Fernández Baca.

A decisión foi adoptado este venres durante a reunión celebrada no Parador de Santo Estevo en Ourense. Román Fernández Baca destacou o territorio da Ribeira Sacra como “un expoñente de gran importancia cultural” e “un lugar de espiritualidade na contorna dos vales do Sil e do Miño”, tal e como reflicte “o extraordinario impulso e traballo técnico realizado por parte da Xunta de Galicia”.

Pola súa banda, a directora xeral de Patrimonio Cultural, María del Carmen Martínez Ínsua, subliñou que para Galicia é un “orgullo inmenso” a aprobación desta candidatura para presentar como Patrimonio Cultural. Ademais, cualificou o día como “tremendamente emotivo” por todo o traballo realizado ao longo deste tempo.

Pode que che interese...