Deseño de encaixe de Camariñas na Mostra de 2o19 / Concello de Camariñas

Así é a arte do encaixe de Camariñas, unha alta costura galega desde o século XV

Tempo de lectura: 2 min.

O Concello de Camariñas vivíu estes días a XXIX Mostra do Encaixe. Cinco días nos que a tradición, a moda e unha chea de actividades complementarias inundarán as rúas do concello. Unha ocasión, un ano máis, para achegarnos a unha das máis recoñecidas artes da nosa tradición cultural e do noso patrimonio inmaterial. Tamén unha dos que mellor está a actualizarse ó século XIX, sobre todo a través do mundo do deseño da moda.

E é que o encaixe de Camariñas é unha técnica téxtil que consiste en entretecer fíos que enrolados en bobinas, chamadas “bolillos”. O tecido suxéitase mediante alfinetes cravados nunha grella, debuxo nun cartón, coñecido co nome de “picado“. Baséase nun patrón xeométrico debuxado feito tridimensional a través de alfinetes polos que se deslizan os fíos entretecéndose.

Algúns autores cren que o encaixe de Camariñas vén dende o Mediterráneo, dende A cultura exipcia, espallándose posteriormente coa expansión musulmá e o comercio marítimo. Segundo a tradición espallaríase polo mar no século VIII á península Ibérica e á toda a costa europea. Mais despois, segundo se sabe, dende Francia, Bélxica ou Países Baixos volvería á costa galega nalgún momento da nosa Idade Media.

Bolvoretas de encaixe

Existen referencias de pezas de encaixe feito en Galicia en inventarios e documentos dos séculos XV e XVI. Aparecen tamén neste século documentos de lugares como a catedral de Toledo nos que se nomean grandes compras de fío galego, probablemente liño, que durante esa época producíase intensamente en Galicia. Esta industria do fío, que se habería de exportar en cantidades considerables ó resto da Península, probablemente estaríase a desenvolver tamén xunto coa do encaixe.

A tradición perviviu ó longo de toda a nosa historia ata o século XX, Neste século o bolillo, especialmente o da localidade de Camariñas, foi amplamente recoñecido en toda a península polo seu valor téxtil, pero tamén e sobre todo etnográfico, aparecendo en todas as grandes exposicións de artesanía dende comezos do século ata ó último terzo. Porén foi na década de 1990 cando o encaixe tivo un novo pulo acadando sona internacional.

Isto foi a través do apoio institucional, da progresiva sona da Costa da Morte como zona de turismo etnográfico e gracias ó pulo dado por algúns dos grandes deseñadores galegos. De feito, dende a Semana Santa de 1990, momento no que se estreou a primeira Mostra de Encaixe, o deseño de alta costura tivo moi en conta en Galicia esta tradición. Hoxe o encaixe de Galicia, feito a man e de xeito artesanal, segue a ser un dos grandes tesouros etnográficos e patrimonios inmateriais de Galicia como demostran os grandes creadores cos seus deseños.

Arañeira de encaixe

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica e creador de entornos virtuais. Investigador independente, especialista en arquitectura e territorio. Colaborador habitual de Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: