fbpx
Pintadas nunha igrex de Maside no aniversario de proclamación da II República / CRTVG

Investigan un novo atentado contra o patrimonio eclesiástico con pintadas provocadoras no aniversario da II República

Tempo de lectura: < 1 min.

A Garda Civil de Ourense investiga unhas pintadas con lemas republicanos e comunistas que apareceron este domingo nas catro fachadas da igrexa do municipio ourensán de Maside.

“Deixáronnos bastante decepcionados”, afirmou o alcalde de Maside, o socialista José Manuel Iglesias Araújo, porque, abundou, a igrexa “é un elemento importante dentro do pobo”. En canto aos danos, o rexedor municipal indicou que “son morais”, ademais dos causados pola pintura, porque supuxo “un atentado contra un ben de interese patrimonial”. Podes ler a información no xornal Galicia Confidencial.