Posible etimoloxía da Larache

Propostas do que poden significar os topónimos Ames, A Laracha e O Grove

A toponimia ou onomástica xeográfica é a ciencia que estuda a orixe etimolóxica dos nomes propios dos lugares. O termo “toponimia” deriva etimoloxicamente do grego topos (lugar) e onoma (nome). A toponimia pretende averiguar a orixe dos nomes dos lugares a partir da comprensión espacial do lugar. Nalgúns casos mediante a análise espacial ou xeográfica da contorna podemos chegar a entender a orixe etimolóxica dun topónimo que fai referencia a un lugar. Vexamos a continuación algúns exemplos explicativos:

O topónimo Ames e o xentilicio amiense proceden do topónimo latino”interamnium fluminis”.”Amnium” ou”amnia” é unha palabra latina que significa río, polo tanto”interamnium fluminis” significa río que discorre entre dous ríos, sendo unha clara alusión ó río Sar, un río que flúe entre o Tambre e o Ulla. As terras de Ames constitúen un fermoso val fluvial que se dispón entre dous ríos, o Tambre e o Ulla, e é esta circunstancia espacial tan característica á que fai alusión o seu topónimo. En Italia tamén temos un caso semellante; Teramo é unha cidade italiana capital da provincia dos Abruzos que deriva do termo latino interamnia, co significado de cidade entre dous ríos, e era así como a coñecían os romanos.

Topónimos no entorno de Ames

O topónimo de A Laracha fai referencia ós lares viais. Os lares viais eran os deuses dos camiños e das encrucilladas. A vila da Laracha sitúase nun importante cruzamento de camiños romanos que atravesaban a provincia da Coruña. Os deuses lares tamén eran os deuses do fogar, e de aí procede a palabra lareira. A vila da Laracha correspóndese cun importante aglomerado urbano romano, A Laracha era o Brigantium Flavium dos romanos, “capital” da comarca de Bergantiños. O apelativo Flavium era unha especie de certificado urbanístico ou marca de calidade outorgado polo emperador romano que buscaba fomentar o seu desenrolo urbanístico comomunicipium de pleno dereito do Imperio Romano, diferenciándoo así doutras vilas e lugares da contorna. Polo tanto, A Laracha sería o lugar onde proliferaban as lareiras e os fogares, querendo reflexar ou fomentar un maior desenvolvemento residencial.

O topónimo O Grove fai referencia a unha característica formal e física do lugar. A península do Grove é un monte no medio do mar. O topónimo Grove deriva do indoeuropeo krop co significado de “grupa”, “joroba”. “Grupa” e “joroba” son dúas palabras diferentes que aparentemente comparten unha mesma orixe etimolóxica. A península do Grove constitúe unha “grupa” ou “joroba” no medio do mar. Neste senso garda relación con outro topónimo galego, a serra da Groba. A serra da Groba tamén é unha “joroba” que se eleva sobre o mar e que destaca no perfil da costa da provincia de Pontevedra. En inglés temos o termo crop ecraw que significa boche, papo. A súa vez deriva do proto-indoeuropeo grew que significa curva, saínte.

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Escrito por

Arquitecto, historiador e investigador

Pode que che interese...

Deixa unha resposta

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: