fbpx
Os castros de Cortegada e Cartimil de Silleda no visor PBA

Queres conseguir ortofotos de gran resolución e calidade de cinco concellos ?

Tempo de lectura: < 1 min.

Un proxecto entre a Xunta de Galicia e os concellos de Cambre, Carballo, Oleiros, Lugo e Sanxenxo permitiu obter 341 ortofotografías de gran resolución dos preto de 239 quilómetros cadrados que abarca o territorio sobrevoado.

O Instituto de Estudos do Territorio (IET), dependente da Consellería de Medio Ambiente impulsou en 2018 o proxecto, o primeiro destas características que leva a cabo en España, mediante a colaboración entre a administración autonómica e a local, no marco do Plan Nacional de Observación do Territorio.

En total, obtivéronse 3.129 fotografías aéreas de moita resolución no seis concellos. A partir deste material, xeráronse 342 True Orthos ou ortofotografías verdadeiras, imaxes de 10 centímetros de resolución.

O grao de precisión e exactitude deste produto ofrece un amplo abanico de aplicacións prácticas para medio ambiente, deseño de infraestruturas ou vivenda.

Con True Orthos redúcese a necesidade de realizar medicións sobre o terreo e pódense facer anteproxectos de obra a partir de imaxe. Tamén permite o control de construcións irregulares ou unha mellor planificación urbanística. O material ortofotográfico está dispoonible para os cidadáns na páxina web da Xunta de Galicia.

Pode que che interese...