Unha poda masiva acabará co piñeiral do interior da gran fortaleza de Baiona | Historia de Galicia
Fortaleza de Monte do Boi, en Baiona, foi conquistada polas tropas inglesas de Lancaster

Unha poda masiva acabará co piñeiral do interior da gran fortaleza de Baiona

Tempo de lectura: < 1 min.

O Parador de Baiona (Pontevedra) cortará o piñeiral de máis de 50 anos que rodea a Península de Montreal para solucionar a praga de oruga procesionaria que afecta a esta zona.

Esta formación arbórea, segundo explica a cadea hoteleira Paradores, viuse “gravemente atacada” por esta especie que “devora as acículas do piñeiro, chegando a provocar a morte da árbore en ataques severos”. Unha parte destes piñeiros xa ardera na vaga de lume do 2017 tal e como contamos no HdG.

Con todo, Paradores solicitou a autorización para repoboar a zona con carballos autóctonos para buscar unha “maior adaptación” ao medio e evitar futuras novas pragas de procesionarias. Esta actuación aínda está pendente de autorización por parte de Patrimonio. Toda a información en Xornal de Vigo.

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: