fbpx
Volvoretas de encaixe no vídeo promocional de 2019

Volvoretas, arañeiras, o Vilán ou Rande tecidas de encaixe, así é o excepcional vídeo da Mostra de Encaixe

Tempo de lectura: 2 min.

Esta Semana Santa Camariñas acolle unha vez máis a súa Mostra do Encaixe, a número vintanove dende a súa fundación no ano 1990. E este ano chega con moitas particularidades e algunhas novidades. Mais unha delas chama poderosamente a atención por amosarnos a través de infografía o que ata o de agora non viramos, a fermosura do encaixe da nosa costa máis noroccidental envolvendo ós monumentos do noso país e do mundo.

E é que o spot, imaxinado pola empresa Merlín, mostra o encaixe de Camariñas como ata o de agora non se vira, evocado ó nivel dos máis grandes monumentos culturais e naturais do mundo e de Galicia en concreto. Así a gran Muralla Chinesa o Monte Fuji ou a Torre Eiffel amósanse vestidos de xeito imaxinativo con estas históricas teas. En Galicia, Rande o faro do Vilán, montes, aeroxeradores ou as ondas do mar aparecen tamén cubertos de encaixe de Camariñas.

 

Mais non so se apela ó seu aspecto máis imaxinativo, senón tamén á súa propia feitura. Os bolillos son protagonistas do vídeo, levadas á escala monumental, e as teas de fío entrelazado son comparadas coa excepcional feitura das arañeiras, da escuma das ondas, do mar ou das ás das bolboretas. Tamén para o seu lucimento globos aerostáticos ou a propia lúa aparecen recubertos polo encaixe. Todo isto baixo a música de Guadi Galego -Fronteiras- e coas propias palilleiras da localidade como verdadeiras protagonistas.

O faro do Cabo Vilano envolto en encaixe

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica. Especialista en arquitectura e territorio. Xestor de Contidos en Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...